Xoves 18 de Outubro de 2018

Culleredo presenta unha nova edición do campus de patinaxe inclusiva


O club Aura, o Concello e diversas entidades sociais usarán a actividade para promover a integración de pequenos con diversidade funcional

A patinaxe artística vivirá unha nova experiencia en Culleredo. Dende o nacemento hai 2 anos do club Aura, son moitos os veciños, nenos e adultos, que participan,nas súas actividades, como festivais ou campus. Esta mesma mañá presentouse na Escada o III campus de patinaxe inclusivo, organizada polo Concello e polo Club Aura e que conta coa colaboración de diversas entidades sociais como Anhida Coruña(asociación de persoas con déficit de atención, con ou sen hiperactividade), Mestura (asociación pola integración social das persoas inmigrantes) ou Alcer Coruña (asociación para a loita contra as enfermidades do ril).

Este campus inclusivo, que xa foi un rotundo éxito o pasado verán, acollerá de novo pequenos con diversidade funcional, procedentes destas entidades sociais. A presidenta do club Aura, Elisa López, a concelleira de Benestar Social, Lupe Pombo, e o edil de Deportes,Miguel Suárez, presentaron hoxe as novidades que incorporaron á edición deste ano. A presentación tivo lugar no centro municipal asociativo da Escada, onde desenvolven o seu labor estas entidades sociais.
O campus está enfocado a promover a integración de pequenos con diversidade funcional, pero nesta edición traballarase na inmersión lingüística e os hábitos alimenticios saudables. Así, o club Aura subvencionará cinco nenos inmigrantes que non terán que pagar nada polo campus e que axudados de monitores bilingües da asociación Mestura falarán durante unhas horas ao día nos seus dialectos ou linguas de orixe para achegar ao resto de pequenos algo das súas propias culturas a través da linguaxe. En concreto, nenos senegaleses ou saharauís poderán intercambiar experiencias culturais co resto de participantes no campus. Por outro lado, Alcor ofrecerá un relatorio sobre a importancia da doazón de órganos, aínda que aseguran que será un relatorio divertida e adaptada ao público infantil. Ademais, a Asociación Anhida organizará unha charla-taller cun can adestrado para mellorar as habilidades de nenos con hiperactividade. O animal acompañará un mago que realizará un espectáculo psicoeducativono que participasen os pequenos do campus.

Segundo Elisa López, a iniciativa promove a integración dos nenos destes colectivos dende unha perspectiva “normalizadora e inclusiva”, e recorda que, aínda que estea xa completo o campus (60plazas), as persoas que o desexen poden inscribirse na lista de espera.

Por outro lado, Pombo asegura que o campus cumpre un papel fundamental na integración, “É unha boa forma de fomentar a integración a través dunha actividade deportiva e cultural como esta”, sentenciou a edila
O concelleiro de Deportes gabou o gran traballo que está a desenvolver Aura en Culleredo e mostrouse “convencido” de que este evento é un “medio idóneo” para propoñer experiencias integradoras como esta e fomentar de paso a práctica deportiva entre os máis pequenos. “O deporte cumpre un papel fundamentalnas nosas vidas e pode xogar un papel decisivo na integración e de persoas con diversidade funcional ou noutros colectivos do nosoconcello”, destacou Suárez.

Inscrición no campus

O campus de patinaxe desenvolverase no polideportivo municipal do Burgo, entre o 24 e o 28 de agosto, en horario de 9.15 a 14.00 horas. Colaboran nesta iniciativa a Deputación da Coruña, Skate&Roller, Cabreiroá, Bonilla á Vista e a Asociación de Celíacos de Galicia .