Domingo 15 de Decembro de 2019

A ITV de vehículos agrícolas estará en Ordes e no Mesón do Vento a finais do vindeiro mes


A unidade móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas estará prestando servizo no concello de Ordes no vindeiro mes de outubro.

Concretamente os días 20, 21, 22 e 23 estará na nave de gando do Mesón do Vento e no polígono industrial de Merelle os días 26, 27, 28 e 29. En ambos os casos o horario establecido será de 9 a 13.30 horas e de 15,15 a 18 horas.

Para solicitar cita previa pódese chamar ao 902 309 000 ou ben facelo a través da páxina web www.sycitv.com.