Sábado 06 de Xuño de 2020

Abre o prazo de presentación de ofertas para á subministración dun transformador para o novo mercado municipal de Riveira


O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica na súa edición de hoxe un anuncio para a adxudicación da subministración e instalación de un transformador para o novo mercado municipal de Riveira.

O orzamento base de licitación é de 88.603 euros, IVE incluído, e o prazo de execución de catro meses. A tramitación é ordinaria e o procedemento aberto cun único criterio de valoración (prezo máis baixo).

O prazo de presentación de ofertas é de 15 días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio.