Mércores 17 de Outubro de 2018

O Ministerio de Fomento anuncia a licitación das obras de mellora do acceso a Queis


O goberno agarda que a intervención dé comezo nun breve espazo de tempo. Trátase dunha actuación demandada e xestionada polo actual rexedor, José Luis Martínez Sanjurjo

A Sociedade Estatal de Infraestructuras do Transporte Terrestre, vén de anunciar a licitación das obras de mellora para a interseción da estrada N-550, á altura do punto PK 41+200, de acceso ao núcleo poboacional de Queis, situado na parroquia de Santa Cruz de Montaos. En total está previsto un investimento de 207.000 €, tal e como se comunica na publicación efectuada no Boletín Oficial do Estado (BOE) con data 6 de outubro de 2015.
Precisamente foi o actual alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, un dos máximos demandantes da dita obra, ademais de asumir labores de cara a súa xestión. Según el mesmo manifesta ésta “permitirá mellorar a seguridade viaria da zona, traendo consigo unha maior comodidade para os condutores que habitualmente teñen que efectuar ese desvío e que, ata o de agora, se ven obrigados e efectuar un longo desprazamento por mor dunha liña continua que impide o xiro”.
Sanjurjo tamén recoñece “a sensibilidade amosada polo Ministerio de Fomento respecto a esta demanda dos veciños e veciñas”. Agárdase que a obra se execute en breve, tendo estipulado un mes para a súa finalización dende o inicio das obras.
As ofertas ou solicitudes de participación poderán presentarse ata o vindeiro 16 de novembro no Departamento de Contratación, na rúa José Abascal, número 4, planta 4, Madrid 28003.
Para máis información poden solicitala na web www.seitt.es ou ben a través do teléfono 91 5916629