Martes 18 de Setembro de 2018

Carral como unha seda no “7º Día do Patín”


Este sábado 17 de outubro, os afeccionados aos patíns gozaron en Carral de numerosas actividades

Carral, a 19 de outubro.- Este pasado domingo o Concello de Carral e o club de patinaxe Alquimia organizaron o “VIII Día do Patín” no Complexo Cultural e Deportivo de Paleo. Este evento, que nesta alcanza a súa oitava edición, ten a finalidade de fomentar unha práctica activa e saudable a través dunha disciplina deportiva que tantos “adictos” reúne en Carral.

Acudiron á cita os clubs e escolas da Coruña, Cambre, Arteixo, Ordes e por suposto o club Alquimia e a escola municipal de patinaxe, ambos de Carral, ademais de numerosos afeccionados a este deporte. A actividade comezou sobre das 11.00 da mañá e prolongouse ata as 18.30 h, facendo unha pequena pausa ao mediodía para comer. Durante o día levaron a cabo actividades lúdicas como a decoración e pintado de patíns e camisetas, proxección de gravacións de campionatos da especialidade e documentais técnicos, clases de iniciación para aqueles que nunca se puxeron uns patíns, xogos para os máis pequenos, elaboración de coreografías, etc. Ademais este ano, incorporáronse clases de descenso en patíns e clases de patinaxe en liña.