Xoves 20 de Setembro de 2018

O CIM da Mancomunidade de Ordes celebrará a vindeira semana un ‘Encontro sobre Comunicación’


Entre os obxectivos máis destacados desta actividade figuran o coñecemento dos elementos esenciais e os obstáculos do proceso comunicacional, así como a súa valoración como factor clave de desenvolvemento persoal, familiar e social

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes celebrará o vindeiro 5 de novembro un Encontro sobre Comunicación, o cal terá lugar no salón de plenos do Concello de Ordes, situado nos baixos da Alameda de 10 a 12 horas. A actividade vai dirixida especialmente ás mulleres adultas da zona, e englóbase dentro do programa desenvolvido polo CIM. Nela abordaranse contidos tales como os conceptos e elementos básicos da comunicación, a comunicación efectiva coa parella e coa descendencia, mitos etc.

Os obxectivos máis inmediatos que se queren alcanzar co dito encontro serán os de coñecer os elementos esenciais e os obstáculos no proceso de comunicación; identificar, comprender e aplicar técnicas eficaces; así como a valoración da importancia da comunicación como factor clave para a eficacia e o desenvolvemento persoal, familiar e social.

Para poder participar neste encontro é necesario inscribirse previamente na oficina do Centro de Información á Muller (CIM), nos baixos da Alameda. Tamén dispoñen dos seguintes teléfonos ou enderezos electrónicos 981682108, 981680002, cim@ordes.dicoruna.es.