Luns 25 de Marzo de 2019

O Polivalente de Brión acolle mañá sábado a actuación de Áncora Producións con “Snakizados”, de Gustavo Pernas


O Centro Social Polivalente de Brión acollerá mañá sábado 7 de novembro, a partir das 20:30 horas, a representación de “Snakizados”, un espectáculo da compañía Áncora Producións. Unha actuación totalmente gratuíta e contemplada no “Outono Cultural”, organizado polo Concello de Brión en colaboración coa Deputación da Coruña.

“Snakizados” é un espectáculo escrito e interpretado por Gustavo Pernas Cora que recibiu o premio Maruxa Villanueva de Interpretación. Trátase dun espectáculo anovador, dende o texto á súa posta en escena, na que se mesturan espazos sonoros e lumínicos con imaxes impactantes. “Snakizados” é unha obra tráxica e cómica, repleta de distintos seres (humanos, animais, minerais encarnados…) que son encarnados por un único actor: Gustavo Pernas.