Luns 09 de Decembro de 2019

A Coral municipal de Riveira participará mañá nun Festival en Pontevedra


A Coral Polifónica Municipal de Riveira participará no día de mañá, sábado, nun Festival de Corais organizado polo Concello de Riveira.

O elenco que dirixe Enrique Paisal compartirá cartel con outras tres formacións: Coral Pedra Blanca de Cesante, Coral Polifónica Asomamos e Coral Alameda de Pontevedra.

Os riveirenses interpretarán un repertorio formado por catro temas: El loco soñador, Maitechu, San Juan e A Galicia.

O festival dará comezo ás 19 horas e desenvolverase no Teatro Principal.