Luns 18 de Xuño de 2018

Touro celebra o próximo domingo o primeiro aniversario da súa Casa da Cultura


O Concello de Touro celebrará cos seus veciños e veciñas o próximo domingo, 22 de novembro do 2015, o primeiro aniversario da inauguración da Casa da Cultura, un edificio ubicado na zona de servicios de Fonte Díaz, capital do Concello. A celebración comenzará ás 17.30 horas con Concerto de Música da Banda Isabel II de Touro, na honra de Santa Cecilia. Xa ás 18.15 horas está prevista a presentación dos libros As pontes do río Ulla e Poemas e trobas de Manforote. Estarán presentes os seus autores: o xornalista Henrique Neira e o poeta Manuel Fortes Otero. A continuación procederase á entrega de premios do X Concurso de Fotografía Touro en Imaxes. E xa ás 19.00 comenzará o concerto didáctico de Campo de Estrelas. Na Casa de Cultura, dende ese mesmo día, poderanse visitar ás seguintes exposicións fotográficas: As pontes do río Ulla, Touro en Imaxes e os cadros de punto de cruz de Rosa María Pérez. A Casa da Cultura de Touro acolleu nos 12 meses que pasaron dende a súa inauguración unha intensa actividade cultural e social. Alí celebráronse concertos, representáronse obras de teatro e organizáronse actividades culturais de todo tipo.