Domingo 25 de Outubro de 2020

Un grupo de 22 sendeiristas de Vigo realizou unha visita ás minas de San Finx


Un grupo de 22 sendeiristas de Vigo, na súa maioría xubilados de Telefónica, realizaron unha ruta de sendeirismo por Lousame, con destino final nas minas de San Finx. Unha visita de algo máis dunha hora na que estiveron guiados por persoal do Concello de Lousame.

Os sendeiristas coñeceron a historia das minas e a súa evolución ao longo dos anos, sobre todo a importancia que a extracción de estaño e de volframio tivo para a comarca dende finais do século XIX ata despois da “febre do volframio” na posguerra civil española. Así mesmo, coñeceron o traballo realizado polo Concello de Lousame para rehabilitar e poñer en valor o patrimonio da mina de San Finx.