Mércores 18 de Outubro de 2017

‘A viaxe de Marquiños o inseguro’, nas Tardes de contos e lendas da biblioteca de Ordes


Un bo número de nenos e nenas de 3 a 8 anos, en moitos casos acompañados polos seus pais ou maiores, desfrutaron como cada último venres de mes das ‘Tardes de contos e lendas’. Nesta ocasión o título do contacontos ofrecido foi ‘A viaxe de Marquiños o inseguro’.