Sábado 31 de Outubro de 2020

Contos en rede’ emociona na comarca de Ordes


O público da comarca de Ordes desfrutou recentemente do espectáculo narrativo ‘Contos en rede’. Santi Prego fixo rir e emocionarse a todas e todos os que acudiron ao auditorio da casa da cultura para non perder esta iniciativa lúdica desenvolvida dende o Servizo de Normalización Lingüística e organizada por Falaredes (Programa de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia). Entre os asistentes non faltou o presidente da Mancomunidade de Ordes e alcalde de Frades, Roberto Rey.