Venres 18 de Setembro de 2020

O vindeiro luns o Concello de Ordes proxectará de balde na casa da cultura ‘Gru. Mi villano favorito 2’


O Concello de Ordes convida a todos os nenos e nenas, así como aos seus pais, nais ou coidadores, a desfrutar da película de debuxos animados ‘Gru. Mi villano favorito 2’. A proxección terá lugar o vindeiro luns, 7 de decembro, ás 19.30 horas na casa da cultura. A iniciativa corre a cargo do Departamento de Cultura do Concello de Ordes e está financiada pola Deputación da Coruña.