Xoves 12 de Decembro de 2019

O IES Maruxa Mallo celebra o seu festival bardista


Os alumnos e alumnas do IES Maruxa Mallo celebraron hoxe o seu festival Bardista. Unha cita que cada ano se repite coa chegada das festas de Nadal. Números musicais, coreografías, interpretación etc, formaron parte deste programa de artes escénicas. Como novidade tamén participou Rafael Regos, veciño, alumno do centro e campión provincial de cetrería, quen fixo unha demostración cunha das súas aves.