Venres 15 de Decembro de 2017

Nenos e nenas de Touro, no Nadal Lúdico


Medio centenar de nenos e nenas de Touro disfrutaron os días de vacacións do Nadal Lúdico, unha actividade que organiza o Concello de Touro e pretende ser unha alternativa de ocio y de ocupación do tempo de lecer dos máis pequenos dun xeito máis educativo e lúdico durante as vacacións do Nadal. Esta actividade tamén permite conciliar vida familiar e laboral. Os pequenos e pequenas xustáronse tamén hoxe na Biblioteca Neira Vilas de Touro. O 30 de decembro rematará a actividade que ofrece obradoiros de internet-informática, animación á lectura, cine e xogos predeportivos e cooperativos.