Luns 16 de Decembro de 2019

Setenta veciños e veciñas de Frades participaron nunha viaxe a Xuvenlugo


Setenta veciños e veciñas, entre nenos e adultos, participaron na nunha excursión organizada polo Concello de Frades a “Xuvenlugo”, unha feira lucense que inclúe diversas atraccións e xogos dirixidos ao público infantil e xuvenil. O Concello de Frades subvencionou o transporte ata o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo aos veciños, que aboaron un prezo especial de 4,5 euros pola entrada xenérica ao salón de ocio.

Xa en Xuvenlugo, os veciños puideron disfrutar de distintas atraccións mecánicas (tiovivos, tren da bruxa…) así como dunha piscina waterball, un circuíto de trickets, zona bumper balls, pista de karts, pista de slot, xogos recreativos, ludoteca, espazos de animación e xogos recreativos.