Martes 27 de Outubro de 2020

O Concello de Brión organiza un curso de preparación das competencias clave de nivel 2


O Concello de Brión convoca un curso de preparación das competencias clave de nivel 2 de cara á próxima convocatoria destas probas, previstas para o vindeiro 21 de maio. As clases terán lugar os luns e mércores, de 10:30 a 12:00 horas, e os venres de 10:30 a 11:30 horas no centro social polivalente entre o 2 de marzo e a semana na que se celebren os exames. O prezo por estes tres meses de curso é de 10 euros e as anotacións estarán abertas ata o 26 de febreiro na Casa da Cultura de Brión, no teléfono 981 50 99 08 e no mail empregobrion@gmail.com.

As probas de avaliación en competencias clave permiten acceder ás accións formativas dos novos certificados de nivel 2 de cualificación, dentro da formación profesional para o emprego. Os módulos nos que se centrará o curso brionés serán: competencia en lingua galega e castelá, competencia matemática, alfabetización dixital e competencia en lingua extranxeira (inglés).

O Concello de Brión informa de que para a realización do curso será preciso un mínimo de 15 persoas inscritas, tendo en todo caso preferencia os veciños e veciñas de Brión.